• "O movemento demóstrase andando." Diógenes

  • "É máis doado exemplificar os valores que ensinalos." Theodore Hesburgh

  • "Aquilo que habemos de aprender aprenderémolo facendo." Aristóteles

  • "Se ti queres, non será un soño." Theodor Herzl

ETIC é unha empresa creada por profesionais con máis de 15 anos de experiencia no ámbito da formación, especializados na modalidade eLearning.


Somos un equipo capacitado para ofrecer solucións integrais de formación aos nosos clientes, facilitando o crecemento e desenvolvemento de persoas e organizacións.

 

Deseñamos, poñemos en marcha e xestionamos solucións de formación en todas as modalidades, para entidades públicas e privadas. Estamos especializados en deseño tecno-pedagóxico, creación de contidos e impartición en modalidade de eLearning.


Ofrecemos os nosos servizos de forma parcial ou a modo de proxecto integral.